A autoanálise e a crítica son inherentes á propia Institución. Por outra banda, este tempo de eleccións a Reitor son dunha especial e necesaria reflexión no seo da comunidade universitaria, depositaria do dereito de autonomía da Institución, co gallo de encarrilala aos fins e obxectivos que lle son propios.
Compre, tamén, ter en conta que o exercicio da dirección política e da función directiva no seo de toda Administración Pública debe aterse aos dereitos dos administrados e a autonomía da Función Pública que a Constitución Española establece respecto da súa dirección política.
A Universidade de Vigo leva acadado na súa contra moitas sentenzas en materia de persoal, que ademáis reiteradamente as recorre e recorre, votando man de fondos públicos para dilatar a súa execución en detrimento dos dereitos dos administrados, dilación que nalgúns casos estendese incluso ás sentencias firmes. Por outra banda, as recomendacións do Valedor da Comunidade Universitaria case sempre resultan ignoradas pese a que con frecuencia estean avaliadas tamén con dictames externos.
Na presente edición deste Boletín dixital xuntamos, entr outros, dous ficheiros ilustrativos sobre unha sentenza e unha resolución administrativa recentes en materia de persoal, que acadou esta sección sindical.
José Barreiro Somoza
Sº XER AL SECCIÓN SINDICAL DE
FETE-UGT UNIVERSIDADE DE VIGOS